Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPARTO DE MINISTERIOS

Espinosa, Salgado e Molina recuncan como ministros no executivo de Zapatero

O presidente español nomea por vez primeira unha muller como ministra de Defensa, Carme Chacón, e mantén a conrovertida Magdalena Álvarez en Fomento.

Redacción - 12:10 12/04/2008

O presidente do goberno español decidiu o reparto de carteiras ministerais. Os tres galegos que formaron parte do último executivo estatal seguirán no novo executivo. Elena Espinosa volverá asumir Agricultura e Pesca, pero ve reforzado notabelmente o seu ministerio ao asumir tamén as competencias en Medio Ambiente. Elena Salgado e César Antonio Molina proseguen como ministros de Administracións Públicas e Cultura, respectivamente.

Entre as principais novidades do novo goberno está o nomeamento de Carme Chacón (PSC) como ministra de Defensa, a primeira muller na historia do Estado Español que toma o mando deste departamento. Tamén destaca a saída do ministro de Traballo de Jesús Caldera e a continuidade da controvertida ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. O executivo conta por vez primeira con máis mulleres ca homes. O vindeiro luns tomarán poesión dos seu cargos.

Composición do novo goberno español (datos dos membros do executivo):

-José Luís Rodríguez Zapatero. Presidente.
-María Teresa Fernández de la Vega. Vicepresidenta primeira.
-Pedro Solbes. Vicepresidente segundo de Economía e Facenda.
-Alfredo Pérez Rubalcaba. Ministro de Interior.
-Carme Chacón. Ministra de Defensa.
-Elena Espinosa. Ministra de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente.
-Elena Salgado. Ministra de Administracións Públicas.
-Celestino Corbacho. Ministro de Traballo e Inmigración. (Nova incorporación)
-Bibiana Aído. Ministra de Igualdade. (Nova incorporación)
-Cristina Garmendia. Ministra de Investigación e Desenvolvemento. (Nova incorporación)
-Miguel Sebastián. Ministro de Industria, Turismo e Comercio. (Nova incorporación)
-Mariano Fernández Bermejo. Ministro de Xustiza.
-Bernart Soria. Ministro de Sanidade.
-Miguel Ángel Moratinos. Ministro de Asuntos Exteriores.
-Mercedes Cabrera. Ministra de Educacións, Asuntos Sociais e Familia.
-César Antonio Molina. Ministro de Cultura.
-Magdalena Álvarez. Ministra de Fomento.
-Beatriz Corredor. Ministra de Vivenda. (Nova incorporación)


1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Elena Espinosa ve reforzado o seu ministerio, que agora tamén ten competencias en Medio Ambiente
Elena Espinosa ve reforzado o seu ministerio, que agora tamén ten competencias en Medio Ambiente
Elena Salgado, como titular de Administracións Públicas, terá que negociar o traspaso de competencias a Galiza
Elena Salgado, como titular de Administracións Públicas, terá que negociar o traspaso de competencias a Galiza
O coruñés César Antonio Molina repite como ministro de Cultura no executivo español
O coruñés César Antonio Molina repite como ministro de Cultura no executivo español
Imaxe ao completo do novo goberno español
Imaxe ao completo do novo goberno español