Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A NORMALIZACIÓN NO ENSINO

O PPdeG exixe que se anule a obriga do galego nas oposicións do profesorado

López Besteiro cre que se pode dar o caso de que "en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben os que mellor se expresen en galego”.

Redacción - 18:20 12/04/2008

A voceira de Educación do PPdeG no Parlamento, Manuela López Besteiro, quere que a Xunta anule unha directriz aprobada este ano que obriga a efectuar en galego unha parte das oposicións para o corpo de profesores do ensino público. López Besteiro pide que os opositores poidan facer todas as probas en castelán se así o prefiren. Considera que é suficiente que acrediten con diplomas de cursiños o coñecemento da lingua do país, tal e como se facía até o de agora.

A que fora conselleira de Educación cre que obrigar os opositores a presentar en galego as unidades didácticas e a empregar diante dos tribunais o mesmo idioma está a ter unha forte contestación dos aspirantes. López Besteiro sostén que se podería dar o caso de que “en lugar de seleccionar os mellores docentes de física ou matemáticas, aproben finalmente os que mellor se expresen en galego”.


1.66/5 (32 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: