Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
hóckey sobre patíns

O Liceo chega aos 'play-off' con moitísimas posibilidades

Coñecendo a cancha, e evitando ao seu verdugo, o Barça, en cuartos e en semifinais... de chegar á final, xa se verá.

Redacción - 12:30 15/04/2008
Imaxe dun partido anterior contra o Blanes

Imaxe dun partido anterior contra o Blanes

O Barcelona eliminou ao Coinasa Liceo as dúas únicas veces que o equipo coruñés chegou aos play-off polo título de Liga xogando na casa.

Ademais, esta é a segunda vez que o Liceo se clasifica de terceiro na fase regular da Liga OK; a primeira foi na tempada 2001-2002. Naquela altura eliminou ao Lleida en cuartos, pero perdeu, de novo, contra o Barça nas semifinais.

Agora o Liceo vai poder evitar aos azulgranas en cuartos e en semifinais, segundo os sorteos e emparellamentos, pero, de saír todo ben, podería atopalos na final.

O cadro de xogadores vai adestrar esta terza e cuarta feira e ha descansar de quinta a domingo preparando a decisiva semana final. O primeiro partido, a vindeira quinta feira 24 de abril na casa, fronte ao Viva Habitat Blanes.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: