Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN

Songoku non poderá falar galego no DVD

Fran Rei denuncia que a distribuidora de Dragon Ball non inclúe a versión na nosa lingua polo custo que lle impuxo a TVG.

Redacción / EP - 11:24 18/04/2008

A Mocidade pola Normalización Lingüística queixouse de que o DVD da serie Dragon Ball non vai estar dobrado á nosa lingua. A razón pola que a súa distribuidora, Selecta Visión, non incluíu o galego entre as opcións de idioma é porque considera "inasumíbel" o custo que a TVG lle impuxo para a cesión da dobraxe.

Así o afirmou o presidente da Mocidade, Fran Rei, en declaracións a Europa Press, quen ademais lamentou que a produción se poida escoitar en euskera ou en catalán, mais "Songoku no poderá falar galego". Rei lembrou que a televisión galega "ten o compromiso" de ceder as súas dobraxes para as versións en DVD e culpou a Secretaría Xeral de Política Lingüística de "deixar que o galego sexa discriminado".

O responsábel da asociación pediu explicacións sobre por que Dragon Ball non vai estar na nosa lingua e exixiu o "cumprimento" do acordo da TVG para a cesión das súas dobraxes e, dese xeito, "cumprir un dos seus labores: ser axente activo na normalización e extensión social da lingua".

Velaquí o primeira parte do primeiro episodio da serie, cando Songoku coñece a Bulma:


4.6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: