Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O primeiro triunfo do equipo ciclista profesional galego

David García, do Karpin Galicia, gaña a Volta a Turquía

Recibiu, de mans do presidente de Turquía, Abdullah Güll, o trofeo. É a súa primeira vitoria nunha proba internacional, e tamén a primeira do KGZ.

Redacción - 09:32 21/04/2008
David García no podio

David García no podio

O ciclista do Karpin Galicia, David García, recibiu de mans do presidente de Turquía, Abdullah Güll, o trofeo que o acredita como o vencedor da 44º Volta a Turquía (44th Presidential Cycling Tour of Turkey). É o primeiro triunfo do equipo galego na clasificación xeral dunha proba por etapas, e chegou tras sete días de competición e un percorrido de mil quilómetros.

David García apoiado todo o tempo polos tres compañeiros de equipo que lle quedaban en carreira, puido salvar con menos dificultades das previstas a última xornada, que se anotou ao sprint o arxentino Ariel Richeze (CSF Grupo Navigare).

"É unha satisfacción enorme gañar unha proba nacional"

O Karpin Galicia regresa esta segunda feira do seu periplo por terras turcas coa primeira proba por etapas para o seu palmarés. É unha volta que está alcanzando un alto prestixio deportivo e co peso social que corresponde a un país coa historia e o nivel demográfico de Turquía.

A competición comezara o domingo 13 de abril, coa disputa do Gran Premio de Istambul, unha carreira que non contabilizada tempos para a xeral da volta, pero na que tanto David García como Gustavo C. Veloso deixaron constancia do seu bo momento de forma cun terceiro e un quinto postos, respectivamente.

Logo de sete días de carreira, quedou patente a forza que une, como equipo aos corredores do KGZ que, a pesares de iren quedando moitos fóra da rolda, os catro que quedaron continuaron apoiando a García.

David García, que é un corredor que acostuma botarlle sempre unha man aos seus compañeiros, gañou por fin unha volta internacional, por iso a súa alegría estaba máis do que xustificada cando terminou a carreira: "É unha satisfacción enorme gañar unha proba nacional. Este triunfo darame serenidade para as probas que veñen. Tal vez sen presión gañe máis. O meu principal obxectivo, como o do equipo, é a 'Vuelta a España'".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: