Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Derbi galego para esta sexta feira

O Celta Vigourban xoga na casa fronte ao Extrugasa

Será no Pavillón das Travesas ás 21:00 horas. É un dos partidos máis importantes da tempada, pois poderíalles axudar a calquera dos dous equipos a dar un paso máis cara Europa.

Redacción - 11:43 29/04/2008

Esta sexta feira ás 21:00 horas no Pavillón das Travesas han xogar Celta Vigourban e Extrugasa un importante partido co que comeza a serie que han de seguir ámbolos dous equipos para conseguir unha praza para a tempada que vén na FIBA Eurocup, a segunda competición continental do baloncesto feminino.

A eliminatoria é ao mellor equipo de tres encontros, polo que o primeiro partido é ben importante, aínda que non decisivo. Mais, desta volta, as forzas están igualadas e parece non haber favoritos, a pesares de que as viguesas vencesen ás arousás na liga regular. Mais agora o cadro de xogadoras da arousás mudou considerabelmente, e volven ao equipo xogadoras claves.

Mais as viguesas teñen do seu lado o factor cancha, cousa que conta ao seu favor se se tivese que chegar a un terceiro encontro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: