Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Día da Liberdade de Expresión

"Cando quedamos calados, estannos facendo recuar no camiño da liberdade"

Manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, baixo o título "Liberdade para chamarlles ás cousas polo seu nome".

CPXG - 12:00 03/05/2008

Conforme os principios democráticos se van degradando, tamén se van degradando as palabras que designan eses principios. Para definir liberdade, os diccionarios poderían hoxe engadir unha acepción derradeira que dixese que na boca de detrminados suxeitos o predicado liberdade pode significar exactamente o contrario.

Así, o que sempre se chamou guerra de expolio, hoxe chámaselle operación para a liberdade duradeira. A liberdade de expresións é un sarcasmo cando se violan impunemente dereitos basicos no nome da democracía. Un pai iraquí ou unha nai palestina cos seus fillos reventados por un mísil nos seus brazos expresan o seu terror con total liberdade. A democracia estase convertendo nun sistema político no que goberna quen consegue convencer ós votantes de que el é o mellor. Normalmente, quen goberna xa non decide prácticamente nada importante e para as clases dominantes é irrelevante que goberne un ou outro.

Afirma José Luis Sampedro que entre os políticos xa non hai aguias que voen cara o futuro senón gallináceas buscando comedoiros. Tamén di que outro mundo é posibleā€¦ se o facemos. Para íso temos que poder saber o que pasa, poder distinguir entre información e desinformación, entre reflexións razoadas e discursos lexitimadores de actos antidemocráticos. A liberdade de expresión para a democracia e coma o osíxeno para vida. É imprescindible, pero non suficiente. Para a vida activa dun cidadán privado de traballo, de vivenda, de sanidade ou de educación a liberdade de expresión é tan inútil coma o aire da montaña para alguén privado de alimento.

A liberdade de expresión para un xornalista só pode ser entendida como unha sucesión de deberes: o deber de saber o que pasa, o deber de contalo e o deber de chamarlles ás cousas polo seu nome. Esta é a era das comunicacións porque a comunicación converteuse no principal elemento de control social no chamado mundo desenvolvido; é o gran somnífero das conciencias. Por tódolos medios posibles, transmítesenos información, desinformación, propaganda e publicidade; todo para conseguir o imposible de facer consumidores felices a exercitos de mileuristas hipotecados.

Expresémonos libre e honestamente, conscientes do diminuta que é a nosa forza, pero conscientes tamén de que, cando quedamos calados ou adormecidos, o que empurra en sentido conrario non descansa e, sen que nos decatemos, estanos facendo recuar no camiño da liberdade que dicimos defender.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: