Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aceptan o texto proposto por Medio Rural

Industria e sindicatos adían ao próximo 22 de maio a sinatura do contrato homologado

"Será un salto cualitativo na historia do sector lácteo", prognosticou o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

Redacción - 09:00 07/05/2008

"Se non temos prezo tampouco nos vai servir o contrato", analizaba a última hora do martes Xavier Gómez Santiso, do Sindicato Labrego Galego. Santiso subliñou que o contrato homologado é "unha reivindicación histórica" e dixo que o único que falta é que se estipule o prezo porque aí "é onde está a renda das explotacións".

En parecido sentido, Francisco Bello, de Xóvenes Agricultores, laiouse de que "houbese que esperar a unha grande manifestación de sector" para dar este paso, malia que o actual borrador "xa existía dende o pasado xullo". De paso, avisou de que "queda a preocupación da letra pequena, en concreto, cales van ser os prezos e índices de referencia anuais".

Por Unións Agrarias, Roberto García recoñecía a "posibilidade real" de avanzar na próxima Mesa do Leite e reiterou que o máis importante do contrato homologado é "que haxa garantía de cumprimento e prezos de referencia para que as baixadas e subidas sexan obxectivas e non como consecuencia de decisións unilaterais".

Novo chanzo o próximo 22 de maio
Sindicatos e industria conseguiron así unanimidade en tomar como referencia o texto presentado pola consellaría de Medio Rural, ao que realizarán alegacións até a próxima semana produtores e industrias. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, subliñou que este acordo, de confirmarse, suporá "un salto cualitativo na historia do sector lácteo" e asegurou que este contrato homologado pode ser exportábel a outros territorios, pois destacou que "articular de xeito razoábel as relacións entre os produtores e a industria".


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: