Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACCESO Á INTERNET

Telefónica volverá dobrar a velocidade do ADSL

Pasará de 3 a 6 megas, pero manterá a mesma estreiteza de banda de suba, en 320 kbps.

Redacción - 13:30 13/05/2008

O anuncio de Telefónica de que dobrará a velocidade das liñas ADSL, do que informa o portal Adslzone.net, volve dividir os internautas, como xa acontecera coas campañas anteriores. En principio, a empresa prevé que o ADSL básico pase de ter unha velocidade máxima de baixada de 3 a 6 megabits por segundo. Porén, a suba seguirá nos 320 kbps, co que as conexións serán aínda máis asimétricas.

O aumento da velocidade coincidirá coa desaparición da división entre os clientes de ADSL rural e urbano, que arrancará no mes de xuño. A campaña parece ter moito que ver coa competencia cada vez maior no sector das telecomunicacións que ameaza a posición aínda dominante do antigo monopolio.

Tampouco está moi claro, polo momento, cal vai ser o prezo mensual da conexión, pois estase a falar de internet máis chamadas por 40,90 euros máis impostos. Ese é o prezo da modalidade de 3 megas máis un euro adicional dun servizo de antivirus que non é obrigatorio pagar, polo que todo parece indicar que non se modificarán os prezos.

Como xa acontecera cos anteriores aumentos de velocidade, hai cada vez máis usuarios que piden que se aumente a velocidade de suba máis ca a de baixada, ou ben que se manteña a velocidade e se rebaixen os prezos. Ningunha destas dúas opcións parece favorábel aos intereses de Telefónica. Ademais, os usuarios de liñas arrendadas por outros operadores a Telefónica tamén notarán a duplicación da velocidade.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: