Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VILAGARCÍA DE AROUSA, 16 E 17 DE MAIO

A música chegou ao norte

O Festival do Norte trae a Galiza a La Habitación Roja, Sons & Daughters, Facto Delafé, Broken Social Scene ou os galegos The Blows e TAB convertidos xa en estrelas.

Redacción - 12:00 16/05/2008

Con poucos medios, en comparación con xigantes como Summercase, Primavera Sound ou Benicàssim, e a permanente ameaza da chuvia, o Festival do Norte de Vilagarcía de Arousa regresa cada ano ofrecendo o mellor cartaz de cantos se poden atopar en Galiza. O festival, dende os seus inicios na Praza da Peixería, até a súa ubicación nos últimos anos (o recinto feiral de Fexdega), loita por crecer, e consolidarse como referente no noroeste da península.

Hai dous anos deu un salto de calidade, programando a Placebo, Echo and the Bunnymen, Radio 4 ou The Divine Comedy; o pasado ano seleccionou o mellor do indie estatal (Catpeople, Astrud, Deluxe, Grupo de Expertos, Mendetz, TAB, Schwartz, Travolta...) e na edición 2008 volve dar entrada a grupos da primeira división internacional.

Os canadianos Broken Social Scene, os escoceses 1990's e Sons & Daughters chegan a Galiza como estrelas dun festival no que compartirán protagonismo con primeiras espadas da música do Estado, como Dorian, Facto Delafé, Hidrogenesse, Tachenko, La Habitación Roja, Sidonie ou Standard, e da nova escena galega, encabezada por Triángulo de Amor Bizarro e The Blows, que repiten participación en Vilagarcía (pero este ano nun papel máis estelar), ou Franc3s.

Para continuar a festa, DJ's tan coñecidos como DJ Amable, da Razzmatazz de Barcelona, ou os locutores de Radio 3 DJ Ordovás ou DJ Rojiblanco (Julio Ruíz).

16 DE MAIO
ESCENARIO CAIXANOVA
FRANC3S: 19,00 - 19,30
TACHENKO: 19,45 - 20,25
CLOVIS: 20,40 - 21,20

ESCENARIO ESTRELLA GALICIA
THE BLOWS: 21,20 - 22,00
HUMBERT HUMBERT: 22,15 - 23,00
SIDONIE: 23,15 - 0,15
1990'S: 0,30 - 1,30
BROKEN SOCIAL SCENE: 1,45 - 2,55

ESCENARIO FDN DANCE CLUB
DJ ORDOVÁS: Inicio: 2.55 Final: 4.10
DJ AMABLE: Inicio: 4.10 Final: 5.25

17 DE MAIO
ESCENARIO CAIXANOVA
SIZO: 18,30 - 19,00
FACTO DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES: 19,15 - 19,55
HIDROGENESSE: 20,10 - 20,40
DORIAN: 20,55 - 21,35

ESCENARIO ESTRELLA GALICIA
THE RIGHT ONS: 21,35 - 22,15
STANDARD: 22,30 - 23,10
LA HABITACIÓN ROJA: 23,25 - 0,25
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO: 0,40 - 1,30
SONS & DAUGHTERS: 1,45 - 2,55

ESCENARIO FDN DANCE CLUB
DJ ROJIBLANCO: Inicio: 2.55 Final: 4.10
DJ NANO: Inicio: 4.10 Final: 5.25

Broken Social Scene: 7/4 Shoreline


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: