Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

Cataluña derrota a Galiza na final do I Trofeo Feminino das Nacións

As xogadoras catalás superaron ás galegas por 66 a 51.

Redacción - 16:31 18/05/2008

A selección Catalana fíxose co triunfo na I Edición do Trofeo Feminino das Nacións. As xogadoras de Sílvia Font sentenciaron o Trofeo ante a Selección galega cun resultado final de 51- 66. A diferencia establecida polas xogadoras catalanas no primeiro cuarto, cun parcial de 10 - 21, foi sumamente importante para marcar unha vantaxe que as galegas, a pesares da igualdade que amosaron coas catalanas no segundo e terceiro cuarto, con parciais de 14 - 13 e 15-15, no puideron remontar. No derradeiro cuarto de encontro, as catalanas desfixeron a igualdade para así establecer o marcador final de 51- 66.

As máximas anotadoras catalanas, e tamén as xogadoras máis destacadas en todo o torneo foron Sandra Gallego (10 puntos) e Marta Fernández (15 puntos). Por parte das galegas destacou, neste encontro, o labor de Sara Gómez (8 puntos) e de Regina Gómez (9 puntos). O I Trofeo feminino das Nacións das nacións botou así o seu peche agardando a ta o mes de xuño no que se celebrará, en Cataluña, a súa edición masculina.

Terceiro e cuarto Posto
As seleccións de Euskadi e Portugal desputaron, como aperitivo á gran final entre catalanas e galegas, o encontro que determinou o terceiro e cuarto posto. Finalmente foron as xogadoras vascas as que, grazas a un gran papel de Amaia Mendiolagarai con 25 puntos (máxima anotadora do encontro), acadaron a victoria (45 - 66). Na selección lusa destacou o xogo de Ana Fonseca e Sara Filipe, ambas con 10 tantos.

Semifinais
Nas seminifinais do I Trofeo Feminino das Nacións, celebradas o sábado, Galiza e Cataluña obtiveron a vitoria con claridade. As xogadoras catalás derrotaron a Portugal 75 a 50; As xogadoras de Silvia Font saltaron á pista cun cinco inicial de luxo formado por Laura Antoja (7 puntos), Marta Fernández (15), Sandra Gallego (10) , Ingrid Pons (8 ) e Marina Ferragut. (10).

O segundo encontro da tarde enfrontou á Selección Galega coa Selección de Euskadi, e que rematou cun contundente 96- 62 a favor das galegas. O terceiro cuarto do partido, cun importante parcial de 22- 8 a prol das galegas definiu claramente a victoria das xogadoras de Miguel Méndez que en todo momento souberon aproveitar o pouco acerto e escasa fortuna das vascas ante a canastra. A máxima anotadora das galegas foi Arantxa Novo con 17 puntos. No lado vasco, 20 foron os puntos de Amaia Mendiolagarai, máxima anotadora vasca e a mellor do seu equipo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: