Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Outro pau ás liberdades civís

O goberno británico suma o control do uso de internet ao das chamadas telefónicas

Coa escusa, unha vez máis, da loita antiterrorista, deseñan unha gran base de datos gobernamental que almacenará toda esta información.

Redacción - 09:00 21/05/2008

Os británicos sofren xa dunha das redes de videovixilancia máis amplas do planeta, gravando os seus pasos especialmente na capital do Reino Unido, en Londres. Agora, de aló chega un novo episodio de permiso ao goberno para furar na privacidade. Unha vez máis, a escusa principal argumentada polo executivo é a ampliación da marxe de manobra na loita antiterrorista.

Deste xeito, e segundo revelou esta terza feira o diario The Times, o goberno británico proxecta a creación dunha gran base de datos onde ademais de almacenárense as chamadas telefónicas de todos os cidadáns durante un mínimo dun ano, tamén se incorporen os correos electrónicos e o repaso de sitios webs onde cada internauta fedellou.

O texto final será aínda discutido durante os próximos meses, e o executivo traballa coa meta de aprobar a nova lei sobre datos de comunicacións antes de que remate 2008. Nun comunicado emitido ao respecto, o Ministerio de Interior británico subliñaba este martes a intención de atender aos "cambios" despois da "revolución de internet" e usar os datos "para protexer a poboación". E probábel que este novo chanzo acenda unha vez máis as protestas dos grupos en defensa das liberdades civís.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: