Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Recibido no concello por Orozco

Paco Vázquez: "O alcalde de Lugo non precisa que o comparen con ninguén"

O embaixador español no Vaticano viaxou esta cuarta feira a terras lucenses para dar o Pregón da Caridade.

Redacción - 12:25 22/05/2008

O embaixador español no Vaticano e ex alcalde socialista da Coruña, Francisco Vázquez, viaxou esta cuarta feira a Lugo para pronunciar o Pregón da Caridade, acto que inaugura o programa de actividades organizado por Cáritas Diocesana para celebrar o Día da Caridade.

Vázquez aproveitou o relatorio para -"como político católico"- pedirlles aos crentes que marquen o x na casa correspondente á axuda social á Igrexa na súa declaración da renda. Cómpre apoiar "a gran obra que desenvolve na nosa sociedade", afirmou. Posteriormente, o ex rexedor coruñés foi recibido na Casa do Concello polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco.

Preguntado pola comparación que dende a oposición se fai entre os estilos de gobernar dos dous socialistas, Vázquez respondeu que "o alcalde de Lugo non precisa que o comparen con ninguén, porque ten personalidade dabondo e una brillante traxectoria política, non porque eu o diga, senón porque así o acredita o voto dos cidadáns".


1.44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: