Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REINO UNIDO

Desterrado no nome de Alá

Un garda de prisión británico foi trasladado pola denuncia dun preso, que se sentiu ofendido polo nome que lle puxo ao can.

Redacción - 19:55 26/05/2008

Un axente de seguridade do cárcere de Belmarsh, en Londres, tivo que ser trasladado pola acusación de lle chamar "Alá" ao seu can. Un dos detidos, de relixión musulmá, presentou unha queixa contra el, convencido de que lle dixera ese nome ao animal, un labrador branco.

Aínda que o garda tentou explicar que o seu can se chama Alí e non Alá, ao final acabou afastado da cadea, onde se atopan presos moitos extremistas islámicos. Segundo fontes citadas polo xornal The Sun consideran "escandaloso" o xeito en que se produciu o traslado do traballador.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: