Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
financiamento deportivo

Máis cartos para o deporte universitario

A Dirección Xeral para o Deporte triplica a colaboración económica coas tres Universidades galegas.

Redacción - 12:00 27/05/2008

A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, presentou esta segunda feira o convenio de colaboración que asinou coas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo "en recoñecemento ao papel que as universidades galegas desenvolven na promoción e dinamización da práctica deportiva na sociedade galega".

A novidade deste ano é o forte incremento da dotación orzamentaria, xa que pasa dos 24 mil euros do 2007 a 75 mil euros no presente ano. Ademais a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, destacou que "non só se triplican os recursos senón que se crea unha partida específica nos orzamentos da Xunta, que garante que esta liña de traballo ten vocación de perpetuidade".

Souto tamén indicou que "dende a Dirección Xeral para o Deporte consideramos que o Deporte en Idade Escolar non finaliza nos centros de ensino, senón que continúa coa súa formación universitaria, polo que esta actuación entronca dentro dunha das nosas liñas prioritarias de actuación".

Para onde van ir os cartos?
Tres son os grandes obxectivos que se están a promover co convenio entre a Consellaría e as universidades galegas: potenciar os campionatos interuniversitarios, promover a actividade física na comunidade universitaria e posibilitar prácticas do alumnado en programas da Dirección Xeral para o Deporte.

Desta forma, vaise potenciar a participación de PDI (persoal docente e investigador) e PAS (persoal de administración e servizos) nos campionatos universitarios de Galiza que se desenvolverán o vindeiro sábado 31 de maio en Lugo. No campionato participarán 150 persoas nas modalidades de fútbol 7, baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco e xadrez.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: