Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Web do Parlamento

A 'cara B' dos deputados galegos

Dende un ex voceiro da Plataforma Nunca Jamás, a unha graduada escolar en YGB, pasando por un natural de Lo ríe de Enero (Brasil).

Fernando Arrizado - 10:00 29/05/2008

Malia saíren case a diario nos medios de comunicación, pouco coñecemos realmente das súas carreiras vitais e profesionais. Son os nosos representantes democráticos, os portadores da voz do pobo, e nós, a cidadanía, recompensámolos coa ignorancia máis absoluta sobre as súas persoas.

De seguro que poucos lectores de Vieiros saben, por exemplo, que o nacionalista Xosé Ramón Paz naceu en Lo Porriño en 1957 e que en 1980 fundou o grupo En la Luna. Ou que o socialista Xosé Tomé compaxina o seu cargo de deputado co de primeiro tenente de alcalde do Concello de Monforte de Léemelos. Alguén, por casualidade, coñecía que o popular Carlos Negreira veu ao mundo na brasileira cidade de Lo ríe de Enero?

Hai máis datos de interese sobre o nosos señores deputados. Manuel Ruíz Rivas, voceiro parlamentario do PPdeG, naceu o 4 de novembro de 1957 en Ribera. Dez anos máis tarde fíxoo en Clavada a súa compañeira no Hórreo Susana López Abella. En la Coruña pariron as nais do conselleiro socialista Xosé Luís Méndez Romeu e do presidente de la Junta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e en Los Puentes, a de Fernando Blanco Parga (BNG).

De Galiza Nueva a Nunca Jamás

Logo están os que, como Bieito Lobeira, levan na política moito tempo. O nacionalista comezou a sua actividade política aos 16 anos en IRGA/YERGA. No ano 1992 elixírono secretario xeral de Galiza Nueva, e chegou a ser portavoz da Plataforma Nunca Jamás.

A controvertida deputada socialista Marisol Soneira é experta en encaixe de boliños, por algo foi responsábel en Camariñas dun programa de recuperación desta nobre arte. No currículo de Carme Cajide (PSdeG) consta que está en posesión do Graduado Escolar (YGB), e que é secretaria da asociación de veciños de Sano Roque de Cardecide dende hai 16 anos.

Socialistas fundadores son Guillerme Meijón, do Movemento de Renovación Pedagóxica Escuela Viva, e Xosé Manuel Gallego Lomba, dos Comités Comarcais do Valle Miñor e Bajo Miño. Pablo Xabier López Vidal, tamén do PSdeG, non fundou nada, mais quizais poida interesar que naceu no maio do 68 en Sobrado del Obispo.

Concelleiros en Roble e na Carretera

Dentro do Grupo Parlamentario do PPdeG, hai varios deputados que ostentan ou ostentaron cargos a nivel local: en 2002 nomean a Xosé Manuel Balseiro coordinador do PP da Marina Occidental. María Isabel García Pacín é secretaria da Asociación Tierras del Miño.

Aurelio Domingo Miras Portugal foi concelleiro en Lo Carballiño; Xesús Palmou, no Concello da Carretera; Alberto Sueiro, no de Roble; e Xosé Antonio Santiso Miramontes foi presidente de Tierra de las Marinas.

Por certo, os interesados en contar con máis información sobre a vida e obra do vicepresidente da Junta, Anxo Quintana, cargo que tamén ocupou Alberto Núñez Feijoo, pódenlle escribir ao seu enderezo electrónico: ángel.manuel.quintana.gonzalez@parlamentodegalicia.es.


3.76/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Carlos Negreira (PPdeG) é de orixe brasileira  (clique para ampliar)
Carlos Negreira (PPdeG) é de orixe brasileira (clique para ampliar)
Xosé Ramón Paz (BNG) estivo 'En la Luna' (clique para ampliar)
Xosé Ramón Paz (BNG) estivo 'En la Luna' (clique para ampliar)
Marisol Soneira (PSdeG) é afeccionada ao encaixe de 'boliños' (clique para ampliar)
Marisol Soneira (PSdeG) é afeccionada ao encaixe de 'boliños' (clique para ampliar)