Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Após perder por causa dunha polémica canastra

O Beirasar Rosalía non se resigna e quere enviar o vídeo do partido á FEB

A Galega captou coas súas cámaras como os últimos dous puntos do Bruesa, que deixaban o equipo compostelán lonxe da loita polo ascenso á ACB, se anotaban fóra de tempo.

Redacción - 18:50 27/05/2008
O Bruesa, celebrando a vitoria

O Bruesa, celebrando a vitoria

Agora o equipo compostelán quere enviar o vídeo da Galega á Federación Española de Baloncesto (FEB) para pedir a impugnación do partido no que os donostiarras do Bruesa venceron por un só punto.

Ficaban 4 décimas de segundo para a final e no marcador do Multiusos do Sar, en Compostela, debuxábase un 73-72 a favor dos locais. O Bruesa sacaba de banda e Hopkins colleu o balón, virouse e anotou, o árbitro deu a canastra por boa e os xogadores e afeccionados do Rosalía viron como se esvaecía o seu soño.


O momento, captado polas cámaras da Galega

Mais agora, en frío e revisando as imaxes que a Galega captou do partido, o Rosalía decatouse de que a canastra que os botou fóra da loita polo ascenso á ACB entrara fóra de tempo. Agora, considerando que a razón os asiste, queren presentar as imaxes dos últimos segundos do encontro do sábado ante a FEB para reclamar que a última canastra entrou fóra de tempo.

A documentación sobre o caso será remitida canto antes á sede da Federación, posto que a final a catro é xa a vindeira fin de semana en Cáceres, e pouca xente cre que o organismo se decida a recoñecer o erro dos colexiados Alberto Sánchez Ardid e José Plá (até eles mesmos aseguraron que se podía deber a un erro dos auxiliares de mesa). Tamén hai quen pensa que se debería ter actuado antes.

O Breogán organiza a viaxe a Cáceres

O equipo lugués, coa colaboración do Concello de Lugo, está a organizar os desprazamentos para asistir á Final a Catro de Cáceres onde o equipo ha loitar polo ascenso á ACB.

Quen estea interesado, pode escoller distintas opcións, unhas con aloxamento, outras con percorrido turístico, outras que só inclúen a viaxe en bus... Están todas na web do clube.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: