Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG volve pedir a dimisión de Ricardo Varela

Novos documentos cuestionan a actuación de Traballo no caso da axente electoral

O PSdeG nega que un seu concelleiro fose representante de Viticultores do Castro -que pagou a Mabel Blanco cunha subvención da consellaría-, malia que as probas din o contrario.

Fernando Arrizado - 12:45 28/05/2008
Ricardo Varela

Ricardo Varela

"Ricardo Varela e o PSOE volven mentir e tratar de esconder a súa implicación nun caso de suposta corrupción, tráfico de influencias, malversación de fondos e prevaricación". O PPdeG volve á carga logo de darse a coñecer nova documentación na comisión de investigación parlamentaria, que poñen de manifesto contradicións na actuación da Consellaría de Traballo e do PSdeG no caso da axente electoral.

Os socialistas negaron este martes mediante un comunicado de prensa que David Fernández Ojea, concelleiro do partido en Piñor, fose representante legal de Viticultores do Castro, empresa que contratou a suposta axente, María Isabel Blanco, cos cartos dunha subvención de Traballo.

Aínda que o PSdeG recoñeceu que Fernández Ojea realizou traballos puntuais para esta empresa, o certo é que na solicitude de petición da axuda, o concelleiro socialista figura -literalmente- como "representante legal" de Viticultores do Castro. Ademais, o PPdeG afirma que o propio implicado lle recoñeceu a un medio de comunicación -que non publicou a información- esta máxima.

Cruce de disparos entre partidos

No comunicado, os socialistas lamentan porén o acoso que recibe o Goberno por parte do PPdeG, "desnaturalizando as institucións e intentando confundir deliberadamente cargos públicos con entidades privadas para sementar dúbidas na opinión pública".

Os populares consideran no entanto que o PSdeG usa a estratexia "de disparar cara ao PPdeG tratando de enmarañar", e piden que se asuman responsabilidades dentro do Goberno, posto que "están manchando o bo nome de institucións públicas impolutas até a súa chegada".


Documentos

4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: