Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRIATURA ESTRAÑA

Pescadores rusos capturan un suposto “alien” e meréndano logo de gravalo nun móbil

Un portal publica o vídeo que gravaron os mariñeiros antes de botar o animal na cazola.

Redacción - 13:00 30/05/2008

Hai xente para todo, diría a sabiduría popular. Un bo exemplo é o que contan uns pescadores da rexión rusa de Rostov. Segundo a súa versión, que acabou saltando ás axencias de noticias, capturaron unha estraña criatura no Mar de Azov (ao norte do Mar negro). Ao percibir que non se trataba ningunha especie coñecida decidiron gravalo nun móbil e colgar logo o vídeo no portal 'Live Leak'.

Nas imaxes pode verse un estraño aninal a medio camiño entre unha quenlla, un esturión e unha raia. Mais os investigadores quedaron coa gana de saber máis da criatura porque os pescadores decidiron botar o peixe na pota. Un dos tripulantes sinalou que era a carne de peixe máis rica que tiña comesto. Aínda que o diario Komsomolskaya Pravda publicou a noticia o verán pasado, esta semana puideron verse por vez primeira as imaxes. Os expertos non descartan que nas augas do Mar Negro haxa “formas de vida” descoñecidas.


3.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: