Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO EN SANTIAGO

Os filmes de maio do 68, corenta anos despois

A Asociación Baleiro e o Cineclube de Compostela proxectan as películas do 2 ao 5 de xuño na Facultade de Filosofía da USC

Redacción - 10:45 03/06/2008

Corenta anos despois da primavera do 68, a Asociación Baleiro e o Cineclube de Compostela percorren algúns dos filmes clave nos procesos de cambio que tiveron lugar en todo o mundo naquel ano. De París a México, as gravacións de Marker, Aretche ou Godard constitúen a memoria visual do 68. Todas as proxeccións comezan ás sete da tarde no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos), e a entrada é de balde.

Luns 2 de xuño
À bientôt, j'espère (Chris Marker e Mario Marret, Franza, 1968, VOSG, 45m).
La révolution n'est qu'un début. Continuons le combat (Pierre Clémenti, Franza, 1968, VO, sen diálogos, 25m).
Martes 3 de xuño
El grito, (Leobardo López Aretche, México, 1968, VO, 101m).
Mércores 4 de xuño
Un film comme les autres (Jean-Luc Godard, Franza, 1968, VOSE, 100m).
Xoves 5 de xuño
In girus imus nocte et consumimur igni (Guy Debord, Franza, 1978, VOSE, 95m).

De Ledo a Sokurov
Pola súa banda, o propio Cineclube de Compostela anunciou a súa programación para o mes de xuño, no que proxectará filmes de Margarita Ledo, Sokurov, Pere Portabella ou Isaac Marrero. A programación ábrese o mércores 4 de xuño coa proxección de Cienfuegos 1913, o filme realizado a medias por Ledo e a cubana Belkis Vega, que se estreou na Habana en febreiro. Todos os filmes comezan ás dez da noite, con entrada de balde, no C.S. O Pichel, na compostelá rúa de Santa Clara.

Mércores 4 de Xuño (Presentado por Margarita Ledo Andión)
Cienfuegos, 1913 (Margarita Ledo Andión / Belkis Vega, Galiza / Cuba, VO)
Para Líster (Margarita Ledo Andión, Galiza, 2007, VO, 14')

Mércores 11 de Xuño
María (Mariya, Alexander Sokurov, URSS, 1988, VOSE, 41')
Svyato (Svyato, Viktor Kosakovsky, Rusia, 2005, VO, sen diálogos, 45')

Mércores 18 de Xuño
Umbracle (Umbracle, Pere Portabella, Catalunya, 1970, VO, 85')

Mércores 25 de Xuño
Fragmentos dunha fábrica en desmontaxe (Fragmentos de una fábrica en desmontaje, Isaac Marrero, Guillermo Beluzo e Roberto García, internacionalista e autoxestionado, 2007, VO, 40')


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: