Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Marcos Flores, do Ciudad de Oviedo, primeiro líder da 'Volta a Galiza'

Os grandes esforzos feitos polos corredores dos equipos galegos frustráronse na primeira etapa da rolda, ao non poder vencer o ciclista arxentino no sprint final.

Redacción - 11:57 05/06/2008
A 'foto finish' da primeira etapa

A 'foto finish' da primeira etapa

Marcos Fabián Flores é o primeiro líder da Volta a Galiza, após imporse no sprint final da primeira etapa ao venezolano do Spol Caixanova, José Ramos; e ao levantino do CC Vigués, José Luis Cubillo.

Xa coa subida á Gañidoira, á saída de Viveiro, produciuse unha primeira fuxida que a piques estivo que chegar en solitario até a liña de meta de Sada. Mais despois de cen quilómetros o bo entendemento da ducia de ciclistas que ían en cabeza foise crebando, e a vangarda do pelotón tentaba achegase, ao tempo os de diante loitaban por entrar de primeiros.

O traballo do pelotón
O bo traballo de varios equipos, especialmente do Cidade de Lugo, marcaron a fin dos tirapuxas, mais a vitoria da etapa e o liderado da xeral seguían en xogo. A ducia de corredores foron caendo ante a chegada do pelotón, practicamente ao mesmo ritmo que se cubrían os dez últimos quilómetros da etapa. Dentro dos mil metros definitivos aínda apertaba os dentes o corredor do Super Froiz, Óscar García Casarrubios, para, polo menos, non ter traballado en balde ao longo do día. Pero os que viñan detrás viñan con forzas, tanto que no sprint chegaron con opcións unha boa presada de ciclistas, pero só os tres máis fortes foron quen de aguantar até a meta, en cabeza: Flores, Ramos e Cubillo.

O arxentino do Ciudad de Oviedo foi o primeiro en entrar na meta, en Sarria, levando con el os mellores recoñecementos do día: a xeral da regularidade, a clasificación Sub 23, a etapa e, sobre todo, a xeral individual.
A seguinte etapa sae de Sarria cara Ourense esta quinta feira.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: