Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza prepara o Día do Orgullo lésbico, bisexual, gai e transexual

Maribolheras Precárias petan na porta da Igrexa

O colectivo coruñés presenta unha nova campaña de cara á festividade LGBT. Esta vez critican acedamente á institución relixiosa cun vídeo.

Redacción - 14:00 05/06/2008
Cartaz da celebración do Día do Orgullo LBGT deste ano

Cartaz da celebración do Día do Orgullo LBGT deste ano

O ano pasado a manifestación das Maribolheras (con Sound-System incorporado) percorreu as rúas da cidade herculina xuntando centos de persoas baixo o lema "A familia nuclear é radioactiva". Desta volta tamén han facer a súa tradicional festa-reivindicativa, o 28 de xuño, mais cun novo lema: "A Igrexa mata, apostata".

Para difundir a súa campaña de 2008, elaboraron un vídeo no que denuncian "á Igrexa Católica e as súas accións ao longo da historia", como as campañas contra o uso de preservativo, que, segundo contan no seu blog, axuda a que 2 millóns de persoas en Latinoamérica e 23 millóns en África sexan seropositivas. Xa recibiron varias adhesións para a vindeira mani*festa*acción.

Ademais, este ano é o primeiro que o Concello de Arteixo vai celebrar o Día do Orgullo lésbico, bisexual, gai e transexual, o vindeiro 28 de xuño. A idea partiu da Concellaría de Xuventude que dirixe Pilar Souto (PSdeG) e para a celebración están pensado en armar un desfile de drag queens, tamborileiros e gaiteiros, concertos coas bandas de música locais e a actuación dun Dj, xa de noite.

Segundo conta o xornal La Opinión, a idea é sentar as bases dun futuro festival, e o Concello agarda que os veciños apoien a iniciativa, participen na festa e gocen do desfile.


4,29/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: