Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A MÁIS DAS VECES É POR VIOLAR DEREITOS DE AUTOR

YouTomb, o cemiterio dos videos censurados en YouTube

Un mes, dezasete días, algunhas horas... Os videos subidos á web de YouTube desaparecen ás veces tan axiña como aparecen. Por que foron censurados?

Redacción - 14:30 05/06/2008

Quen ordena a súa eliminación da páxina? Pódense ver nalgún outro sitio ou atopar pegadas da súa furtiva existencia? A esta última cuestión, a web YouTomb permite responder que si.

Creada hai uns meses por estudantes do Massachusetts Institute of Technology, nos Estados-Unidos, esta web retén os videos que foron retirados de YouTube, na maioría dos casos por violación dos dereitos de autor.

Porén non se poden atopar en YouTomb copias integrais dos videos censurados para podelos ver. O obxectivo da web é averiguar as razóns da supresión dos videos máis que o contido total dos propios produtos.

Por cada clip suprimido, YouTomb ofrece unha ficha detallada que contén algunhas capturas (imaxes fixas), o título, unha breve descrición do contido, a data de posta en liña e a da súa eliminación, o pseudónimo de quen o subiu, o nome da empresa que solicitou a súa eliminación, engadindo as razóns da censura. É sobre este último punto no que traballan os creadores de YouTomb. A web ten como finalidade aclarar o sistema de normas de YouTube para a supresión dos videos.

Violación dos dereitos de autor

Tres motivos principais explican a existencia dun video en YouTube. Pode retiralo o propio usuario que o subiu. Pode ser censurado por YouTube por non cumprir as normas xerais de utilización da web.. E pode ser suprimido por solicitude expresa por razóns de violación dos dereitos de autor.

Neste último caso, YouTomb descobre que algunhas empresas, especialmente do sector audiovisual, amósanse especialmente molestas.

A sección statistiques da web fai unha relación do nome das empresas que demandan como maior frecuencia a retirada de videos. Entre elas: Viacom International, Warner Bros, NBC Universal, FremantleMedia Group, l'UEFA, así como numerosos clubs de fútbol.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: