Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AXENDA MUSICAL DO VERÁN

Sol, praia e festivais

Algunhas citas consolidadas e outras novas; festivais de rock, pop, mestizaxe, electrónica, jazz, folk..., en Galiza e no norte de Portugal.

Redacción - 09:30 14/06/2008

O verán musical ábrese a última semana de xuño co Imaxina Sons de Vigo e o Fax Festival de Ourense, e non parará até setembro, co Reperkusión de Allariz. Polo camiño, citas consolidadas, coma o Festival Celta de Ortigueira ou o Cultura Qunete de Caldas; e outras que queren facelo, como o Artenativa de Valga, o Lolapop de Pontecaldelas ou o Dolorock de Meis. En todos eles haberá unha moi destacada presenza de bandas galegas, boa mostra do fértil momento que atravesa a música galega. Ademais, o norte de Portugal está moi perto, co seu Paredes de Coura, que este ano trae a Primal Scream, Editors ou Sex Pistols; ou o Marés Vivas de Gaia, con Tricky, The Prodigy ou James.

26 de xuño ao 6 de xullo.
Imaxina Sons. Vigo
Wayne Shorter Quartet, Atomic/ School Days con Ken Vandermark, Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio...

27 de xuño. Vigo
Bob Dylan

27 e 28 de xuño. Fax Festival. Ourense
The Gift, Iván Ferreiro, Amparanoia, Lamatumbá, Narf...

4-5 de xullo. Festichan. Moaña
Krakovia, La Carrau, Gecko Turner, Sherpah...

5 de xullo. Arreocabo. Celeiro-Viveiro
Def con Dos, Koma, Skacha...

10-13 de xullo. Festival de Ortigueira. Ortigueira.
Cartaz por confirmar.

11-12 de xullo. Cultura Quente. Caldas de Reis
Café Tacuba , Deluxe, The Sunday Drivers, Niño y Pistola, Pacífico...

11-13 de xullo. muB Festival. Braga
Your ten mofo, I like trains. La Muñeca de sal, Noiserv...

17-19 de xullo. Festival Marés Vivas. Gaia
The Prodigy, Tricky, Peter Murphy, Da Weasel, Shout Out Louds, The Cult, James...

18-19 de xullo. Derrame Rock. Pravia (Asturias)
Barricada, Albert Pla, Los Suaves, Barón Rojo, Banda Bassotti, Siniestro Total, El Ultimo Ke Zierre, Lendakaris Muertos...

21 de xullo.
Santiago de Compostela
Caetano Veloso

23-26 de xullo. Festival Jazz de Pontevedra. Pontevedra
Branford Marsalis, Aaron Parks, Johnny Winter...

24 de xullo. Festa da Fraga. As Pontes
Gwendal

24 e 25 de xullo. Festigal. Santiago de Compostela
Nao, Lamatumbá, Quempallou, Berrogüetto...

26 de xullo. Festival Sereas e Piratas. Razo (Carballo)
Franc3s, Novedades Carminha, Justicieros...

30 de xullo. A Coruña
Whitesnake

30 de xullo. Vigo
Rubén Blades

31 de xullo a 3 de agosto. Festival de Paredes de Coura. Paredes de Coura
Sex Pistols, Primal Scream, Editors, The Mars Volta, Caribou...

1-2 de agosto. Resurrection Fest. Viveiro
Death by Stereo, Agnostic Front...

2 de agosto. Festival de Pardiñas. Guitiriz
Cartaz por confirmar

2 de agosto. Creamfields Vigo
Chemical Brothers, Derrick May, Vitalic Live!, Tiga...

7-9 de agosto. Felipop. Fene
Magín Blanco e Burgas Beat, Super Ratones...

8-9 de agosto.
Artenativa. Valga
Cat People, The Blows, Austria, Niño y Pistola, Franc3s, Mequetrefe, Projecto Mourente, Fanny + Alexander...

8-9 de agosto. Castelo Rock. Muros
Lamatumbá, Nao, Porretas, Barricada...

8-10 de agosto. Arteficial. Ribadavia
PAL'Kelly Tribute Band (Anteriormente O'Funkillo), Requiem 354, End...

16 de agosto. Festa Folc de Vilariño. O Hio, Cangas
Serra-lhe aí, XM Budiño e O Sonoro Maxín.

17 de agosto. Vigo
Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra

23 de agosto. Dolorock Mosteiro (Meis)
CatPeople, The Blows...

29 de agosto. Lolapop. Pontecaldelas
Manos de Topo, Jugoplastika, Niños Mutantes, Lori Meyers, Niño y Pistola, Delorean...

19-21 de setembro. Reperkusion. Allariz
Los Delinqüentes, Tonino Carotone, La Troba Kung-Fú, Os Festicultores Troupe, O Sonoro Maxín...


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Paredes de Coura 2007
Paredes de Coura 2007
Unha imaxe do Lolapop
Unha imaxe do Lolapop
The Homens, no Artenativa de Valga
The Homens, no Artenativa de Valga