Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Play-off finais

O NorLeste marca o ritmo dos pandeiros na Gran Muiñada da LNB

Markitos e Ana proclamáronse campións absolutos, David gañou os varados, e os Billardeiros Musicais impuxéronse aos Filloas de Sangue nun domingo no que o NorOeste pouco puido facer.

Redacción - 11:10 16/06/2008
Cartaz dos play-off polo título da Liga Nacional de Billarda

Cartaz dos play-off polo título da Liga Nacional de Billarda

O domingo no campo de terra do barrio de Conxo, en Compostela, fervía todo na súper final da Liga Nacional de Billarda (LNB).

A Conferencia NorLeste enfrontábase á NorOeste nuns play-off que fixeron historia por ser os primeiros entre dúas conferencias na LNB. Para o ano aínda han volver facer historia, ao sumarse unha terceira conferencia, a do Sur.

Dominio absoluto do NorLeste

Segundo puidemos saber, polos estalos que aparecían, a cada pouco, n'O Varal Morse, o dominio dos palanadores a palanadoras da Mariña foi absoluto, gañaron en todo: Os Billardeiros Musicais (Conferencia NorLeste) venceron ante os Filloas de Sangue (Conferencia NorOeste) na final por equipos da mañá; na final das mulleres gañou Ana, tamén do NorLeste, e o seu compañeiro de conferencia, David, quedou campión nacional de varados.

Mais o absoluto vencedor destes primeiros play-off nacionais entre conferencias foi Markitos, tamén do NorLeste. Así foi a Gran Muiñada, como din dende a LNB, "unha xornada histórica para o deporte de esencia tradicional galego".


4.75/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os Billardeiros Musicais, vencedores na final nacional por equipos
Os Billardeiros Musicais, vencedores na final nacional por equipos
Así é como se ergue a billarda / Faltando as imaxes dos play-off, estas son do I Aberto de Mos
Así é como se ergue a billarda / Faltando as imaxes dos play-off, estas son do I Aberto de Mos