Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ascensos e descensos nas segundas categorías do fútbol

O Celta mantense, o Racing baixa e o Cidade de Santiago sobe

Os peor parados foron os de Ferrol, que non conseguiron manterse e que han xogar o ano que vén en 2ª B. Os resultados noutros campos sentenciaron a sorte ferrolá.

Redacción - 13:06 16/06/2008
Despois do gol de Marcos Suárez, do Cidade de Santiago, ante o Almansa

Despois do gol de Marcos Suárez, do Cidade de Santiago, ante o Almansa

Malia a súa vitoria fronte ao Castellón, cun gol de Rubén, o Racing de Ferrol viuse prexudicado pola vitoria do Alavés en Balaídos (2-3) e o empate do Córdoba e a Real Sociedade (1-1). Por unha cuestión de puntos, o equipo de Xoán Veiga vai ter que xogar a tempada que vén en 2ª B.

Triste foi tamén a tempada do Celta en Segunda, que terminou este domingo en Balaídos, cun 2-3 fronte ao Alavés que, ao gañar este encontro, conseguiu ficar na categoría. Os celestes, aínda que non xogaban nada, demostraron no campo o que durante toda a tempada: que aínda lle falta moito a este equipo para volver facer soñar á afección. Os xogadores parecían ser conscientes de que unha vitoria axudaría a que o Racing de Ferrol ficase na categoría, mais nen por esas. Para a afección, unha tempada para esquecer, cousa que se demostrou polo baleiro que estaba Balaídos, e polos apupos que os poucos seareiros que aínda estaban lle dirixiron aos vigueses.

A alegría da fin de semana estivo toda no campo do Cidade de Santiago que, após superar ao Almansa (4-2) na volta dos play-off decisivos, ascendeu a 2ª B. Esta tempada non se van poder enfrontar a un dos seus míticos rivais, o Compos, xa que este ano xoga en Terceira (categoría á que acaba de ascender).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: