Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E IGREXA

Un crego de Vedra pide na folla parroquial que desapareza o galego

"Tamén os meus pais usaron o arado romano e o carro de bois e agora úsase o tractor, o coche e máquinas modernas", comeza o texto.

Redacción - 14:20 16/06/2008

"Cada ano desaparecen no mundo uns 50 idiomas. Lástima que non desaparezan moitos máis". Afirmacións como esta recóllense nunha folla parroquial de Vedra, colgada no blog Fandiarzúa (vía Chuza!), e redactadas polo párroco local. No escrito, distribuído nas últimas semanas, afírmase sobre a diversidade lingüística que é "unha grande incomodidade que hai que suportar" e avógase pola desaparición do galego.

Entre outros argumentos, o crego afirma que "o galego fálano dous millóns de persoas. O español fálano uns 400 millóns" e que "os que falan o galego entenden igual ou mellor o español". Así mesmo, defende que "o texto dos sinais de tráfico e os nomes das cidades debería ser na mesma lingua en todo o territorio nacional". Concede iso si, que "o galego e o portugués son parecidos", pero mesmo aí atopa un lugar para a crítica, pois -di- iso dificulta a aprendizaxe da lingua portuguesa.

A seguir, o texto critica o nacionalismo galego ("os nacionalistas que padecen de miopía") e defende o español "porque nacionalistas no bo sentido da palabra debemos ser todos (considerando Nación a toda España e non a un remendo soamente"). Finalmente, xustifica a prohibición da lingua galega durante a Ditadura: "nos anos 1940 prohibíannos falar galego no Seminario. Hoxe din que aquelo era unha barbaridade. E eu digo que era un acerto".


2,97/5 (37 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: