Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONTRA A REALIDADE PLURILINGÜE

A Academia francesa non quere que as linguas minorizadas teñan recoñecemento

Considera que a reforma constitucional para darlle un "status" ás múltiples linguas que hai en Francia "atenta contra identidade nacional".

Redacción - 09:00 17/06/2008

A Academia francesa fixo público un comunicado para opoñerse radicalmente aos cambios legais que lle dará recoñecemento ás linguas minorizadas que existen no estado galo. Os académicos consideran que a reforma constitucional “atenta contra a indentidade nacional”. No escrito sinalan que “a lingua francesa forxou Francia”. A Academia francesa pide que non se toque o texto constitucional.

Pola súa banda, os colectivos de defensa de linguas minorizadas como é o caso do éuscaro, catalán ou bretón consideran que o feito de que se lle recoñeza certa oficialidade aos seus idiomas é un “pequeno paso”, aínda que lembran que Francia segue negándose a asinar a Carta Europea das Linguas.


2.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: