Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
UNHA IMAXE PARA O GALEGO

Coa súa lingua construín o meu propio mundo

Oko envíanos esta foto para describir o fenómeno da transmisión xeracional do idioma.

Redacción - 10:30 18/06/2008

“Sobre as súa engurras cimentei a miña casa. Todo o inventei a través dos seus ollos, do seu xeito de mirar as cousas, todo a través das palabras. Coa súa lingua construín o meu propio mundo”. Así é o texto que acompaña a foto de Oko. E canda ela xa case hai medio cento de fotos competindo por ser Unha imaxe para o galego.

Máis traballo está a custar que cheguen vídeos e, aínda que nos consta que algúns de vós andades argallando neles, xa sabedes que o prazo para presentar traballos remata co mes. Tanto para o apartado de fotos como de vídeos temos premios ben gorentosos. A que agardas? Ti es a (re)cámara do idioma.

Consulta aquí as bases e os premios


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: