Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na pasada fin de semana

Os éxitos do atletismo galego

A selección galega cadete trouxo 7 medallas do Estatal; Dacal está seleccionado para a Superliga Europea, e esta fin de semana batéronse algunhas das mellores marcas.

Redacción - 18:00 19/06/2008
Gustavo Dacal

Gustavo Dacal

A selección galega cadete de atletismo trouxo esta fin de semana 7 metais do Campionato Estatal por Autonomías, desenvolvido en Murcia, e situouse entre os seis mellores combinados.

Tamén houbo unha nova mellor marca galega, a cargo de Sonia Beceiro nos 100 metros valados (fixo un rexistro de 15'' 15'). As medallas foron para Ana Domínguez (que quedou primeira no lanzamento de xavelina); Carlos Porto (primeiro nos 1.000 m., cunha marca de 2.39,01, a súa mellor persoal, e a segunda mellor estatal da categoría na distancia); Rocío Carbia (segunda nos 3 km marcha); Lorena Guitián (segunda no salto de altura, cun mellor rexistro e 1,66) Sandra Don (terceira no lanzamento de martelo); e Carlos Moro (terceiro nos 300 metros valados).

Por comunidades Galiza obtivo un extraordinario quinto posto na categoría feminina e oitavo na masculina.

Sara Pérez, cuarta no estatal dos 10 mil metros
A atleta do Celta, Sara Pérez Rodríguez, conseguiu unha meritoria cuarta praza no Campionato Estatal de Promesa de 10 mil metros, desenvolvido a pasada fin de semana en Xixón. Pérez fixo un rexistro de 38.35.83, que lle serviu para obter a cuarta praza, pero que aínda está lonxe da súa mellor marca persoal, 36.41.44, conseguida este ano en Vigo.

As promesas galegas triunfan en Europa
Ademais, para completar este resume dos éxitos do atletismo galego nesta fin de semana, destacamos a actuación que tiveron os representantes do noso país no encontro internacional xuvenil entre España, Polonia e Italia, desenvolvida na cidade italiana de Chiuro.

Destacou a boa marca da Borxa Barbeito, do Club Atlética A Silva, que foi segundo en lanzamento de xavelina, chegando aos 60,84 metros. Denís Galán, do Riazor Coruña, foi quinto en 110 metros valados, cunha marca de 14.25; e Pablo Denis, do Samertolameu, foi sexto en lanzamento de trade de percusión, cunha marca da 57,73 metros.

Por outro lado, xa en Compostela, desenvolveuse o Campionato Galego Júnior e Promesa, no que destacou a actuación de Alfonso Palomanes, do Ourense Academia Postal, que rompeu a barreira dos 16 metros en triple salto. A súa marca de 16,01 supón unha nova Mellor Marca Galega Júnior e Promesa (a só 4 centímetros dos históricos 16,05 logrados por Francisco Castrillo en 1974, marca Absoluta) e sitúano en segunda posición do ránking estatal da proba.

Gustavo Dacal, seleccionado para a Superliga Europea
O atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e plusmarquista estatal, Gustavo Dacal, foi seleccionado para facer parte do equipo español que compite esta fin de semana na localidade francesa de Annecy, na primeira gran cita europea da tempada, a primeira proba da Superliga Europea.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: