Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL DO 10 AO 13 DE XULLO

Moving Hearts, Boys of the Lough e Värttinä, estrelas de Ortigueira

Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica representarán á musica galega.

Redacción - 13:35 18/06/2008

Os catro días de concertos levarán a Ortigueira a perto de 25 formacións musicais, sendo gratuítos todos os concertos. O carácter internacional do Festival queda claro se temos en conta que os grupos proceden de doce países, cunha presenza protagonista para as bandas galegas, encabezadas por Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica. De fóra chegarán históricos da música celta como os irlandeses Moving Hearts e The Dubliners ou os escoceses Boys of the lough. Tamén destaca a presenza de formacións de primeira liña, non encadradas exactamente na chamada música celta, como os finlandeses Värttinä, ou a sorprendente formación berlinesa 17 Hippies.

Haberá espazo igualmente para formacións novas, por exemplo do debú dos percusionistas de Odaiko e os concertos que terán lugar polas tardes no Escenario Runas, por onde pasarán oito bandas emerxentes de todos os países da Península Ibérica. Os concertos abriranse o xoves 10, cunha Noite de Foliada, protagonizada pola música galega de Malvela, Xochilmica e a Banda das Crechas. Todas as actuacións (agás as do Proxecto Runas) terán lugar no Escenario Estrella Galicia a partir das dez da noite.

Programa completo:

Xoves 10
Malvela (Galiza)
Xochilmica (Galiza)
Banda das Crechas (Galiza)

Venres 11
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza)
Sondeseu (Galiza)
Värttinä (Finlandia)
17 Hippies (Alemaña)

Sábado 12
National Youth Pipe of Scotland (Escocia)
Fía na roca (Galiza)
Odaiko percussion group (Galiza)
Moving Hearts (Irlanda)
Boys of the lough (Escocia)

Domingo 13
Uxía + invitados (Galiza)
Eliseo Parra + Tactequeté (Castela-León)
The Dubliners (Irlanda)


4,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As finlandesas Värttinä
As finlandesas Värttinä
Os irlandeses Moving Hearts
Os irlandeses Moving Hearts
Os escoceses Boys of the Lough
Os escoceses Boys of the Lough