Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
19 E 20 DE XUÑO

O Consello da Cultura reflexiona sobre o futuro da lingua galega

As conferencias incidirán nas dificultades que atopa un idioma nun contexto plurilingüe.

Redacción - 18:28 18/06/2008

O obxectivo do foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade é constituírse en nun espazo de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego. A problemática do galego será considerada no marco dunha reflexión máis ampla sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües.

Analizaranse varias dimensións: o escenario global da mundialización, o espazo europeo de diversidade lingüística, o marco do multilingüismo español, as condicións concretas da sociedade galega, e a perspectiva da súa relación co ámbito luso-brasileiro.

Entre o 19 e o 20 de xuño pasarán polo Consello da Cultura expertos internacionais como os cataláns Carme Junyent (UB) e Emili Boix (UB); as británicas Suzanne Romaine (Universidade de Oxford) e Jaine Beswick (Universidade de Southampton); o irlandés Dónall Ó Riagáin, o portugués Ivo Castro (Universidade de Lisboa), ou o alemán Johannes Kabatek (Universidade de Tubinga). E algúns dos máis importantes investigadores galegos, comenzando por Pilar García Negro, Ana Igleasias, Fernando Ramallo, Alba Nogueira, Xaime Subiela, Anxo Lorenzo, Elías Torres ou Rosario Álvarez.

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade será o terceiro dos seis foros de debate organizados polo CCG para conmemorar o seu 25 aniversario. Podes ler aquí o programa completo do foro.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: