Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Por riba de París ou Londres

Luanda, a cidade máis cara do mundo

O estudo, de ECA International, inclúe bens adquiridos polos visitantes que neste país non abundan e son moi caros, o que aumenta a inflación.

Redacción - 17:00 24/06/2008
Zona costeira de Luanda

Zona costeira de Luanda

A capital de Angola, Luanda, aparece por segundo ano consecutivo como a cidade máis cara do mundo para os seus visitantes (turistas ou residentes temporais), segundo o estudo que anualmente elabora ECA International.

Sitúase, xa que logo, por riba de capitais europeas como Londres ou París, tradicionalmente, entre as máis caras, nun informe que analiza o custo da vida en 370 cidades de todo o mundo.

"O feito de que Luanda lidere a listaxe pode sorprender" sinalou Lee Quane, de ECA International. A razón é que "o estudo inclúe bens e servizos habitualmente adquiridos polos visitantes, que en lugares coma estes son moi caros, e non abundan", o que provoca que aumente a inflación.

En segundo e terceiro lugar sitúanse dúas cidades de Noruega: a capital, Oslo, e Stavenger, respectivamente. No entanto o número de localidades africanas entre os primeiros postos da clasificación é notorio.

Cálculo das dietas nas multinacionais
Este tipo de estudos sérvenlles ás compañías multinacionais para calcular as dietas que deben recibir os executivos cando viaxan ao estranxeiro. A lista das cinco cidades máis caras complétana Copenhague, en Dinamarca, e Moscú, en Rusia. Séguenlles varias localidades de Suíza, no top 10.

Malia as turbulencias políticas, Harare, en Cimbabue permanece entre as menos caras da listaxe deste ano, un pouco por riba de Asunción, no Paraguai.


4.75/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: