Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
montañismo

Camiñando soa cara o Polo Sur

Chus Lago non se bota atrás, e en novembro ha camiñar soa uns 1.200 km entre os 50 e os 80 graos baixo cero para chegar ao seu destino.

Redacción - 12:21 27/06/2008
Chus Lago

Chus Lago

Hai xente que aínda se pregunta que foi o que lle fixo a María Xesús Lago Rei (que ha cumprir 44 anos o vindeiro día de Nadal) meterse en política e coller unha concellaría (a de Sanidade, Medio Ambiente e Consumo) en Vigo, cando o que realmente lle gusta é rubir montañas, camiñar e perderse en estrañas expedicións.

Desde que fai parte do goberno municipal vigués, integrando o grupo do PSdeG, Lago foi profundamente criticada por querer chegar ao Polo Sur e deixar de lado as súas obrigas como edil, mais agardou un tempo. Pasado o famoso pleno sobre o PXOM, que finalmente aprobaron en Vigo, Chus Lago decidiu seguir adiante coa súa aventura.

Agora, ao Polo Norte
A súa preparación xa comezou (documentada polas cámaras de Canal+ e apoiada por Caixanova, e na que pasa, entre outras cousas, as noites durmindo nunha cámara frigorífica), mais en novembro, cando cruce os 1.200 quilómetros a pé (experimentando temperaturas de até 80 graos baixo cero) que hai entre a baía de Hércules, no mar de Weddell, e o Polo Sur xeográfico, no extremo ártico do planeta, vai estar soa. Non vai haber GPS ou móbil. Son cincuenta días de soidade nos que avanzará, sobre uns esquís, uns 25 quilómetros ao día, arrastrando, ao seu carón, unha zorra con todas as provisións, o material de escalada, a tenda de campaña... sempre de día, porque nesa época do ano, no verán ártico, a noite nunca chega.

Até hoxe só catro mulleres foron quen de atravesar o Antártico. De conseguilo, Lago sería a primeira galega; pero seica pode conseguilo, porque ela xa foi a primeira muller de todo o Estado Español e a terceira do mundo en conquistar o cumio do Everest (26 de maio de 1999).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: