Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PIDEN QUE SE REFORME A CONSTITUCIÓN

Pereiro e Verino préstanse a unha campaña contra a normalización

Os asinantes do manifesto queren reformas legais para que o castelán sexa o único idioma esixíbel a calquera cidadán do Estado.

Redacción - 14:10 01/07/2008

O ciclista Óscar Pereiro e o deseñador Roberto Verino, entre outros, veñen de prestar a súa imaxe para a campaña “Manifiesto por la Lengua Común”, que impulsa o xornal madrileño 'El Mundo' e que xurdiu logo da iniciativa dunha serie de personaxes próximos a UPyD. O medio que dirixe Pedro J. Ramírez está a levar a cabo unha iniciativa a prol do castelán, por que, segundo opinan no manifesto, se está a vulnerar os dereitos dos falantes de castelán en comunidades como Euskadi, Cataluña e Galiza. Á ofensiva mediática sumáronse nos últimos días outras empresas de comunicación, como é o caso de Tele 5.

O manifesto, para o que se piden adhesións en internet, asegura que, aínda que todas as linguas son oficiais “só unha delas é universalmente oficial no Estado democrático”. No documento, que esixe que os país poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que “son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas”.

Os asinantes piden que os parlamentarios españois creen unha nova normativa legal (reformando a Constitución, se é preciso) para que quede claro que a lingua castelá é “a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois”. Tamén demandan que o galego, o catalán e o euskera non poidan ser idiomas vehiculares no ensino.

Por se fose pouco, os promotores da inicitiva pretenden que os representantes políticos, tamén os que teñen lingua propia, empreguen habitualmente o castelán nos actos institucionais que se desenvolvan fóra dos seus territorios: “o mesmo dentro de España ca no estranxeiro”.


Documentos

2,54/5 (46 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: