Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por segundo ano consecutivo

A Liga estatal de traíñas chega a Galiza

Este ano vanse desenvolver catro regatas no noso país. As dúas primeiras, esta fin de semana en Boiro e en Moaña.

Redacción - 12:06 03/07/2008
Marta Souto, durante o sorteo das quendas das primeiras regatas en Galiza

Marta Souto, durante o sorteo das quendas das primeiras regatas en Galiza

A Liga ACT, con todo o seu espectáculo, chega esta fin de semana a Galiza coa celebración de dúas regatas en Boiro. Esta cuarta feira presentáronse dúas das súas regatas: a Bandeira 50 aniversario Rianxeira e a XVIII Bandeira Concello de Boiro.

Dobre sesión en Galiza
A Liga ACT, que comezou o pasado 29 de xuño en Zaragoza (pola celebración da Expo), chega a terras galegas esta fin de semana con dobre sesión. O sábado, a partir das 18:30 horas, celebrarase a Bandeira Rianxeira, mentres que o domingo, ao mediodía, comezará a XVIII Bandeira Concello de Boiro.

Durante a presentación das probas galegas da Liga ACT, a directora xeral quixo felicitar a Cabo da Cruz polo Campionato Estatal feminino acadado hai poucos días, así como á Liga ACT polo seu vixésimo aniversario: "Nestes vinte anos de vida creáronse uns lazos de unión entre pobos, e eu confío en que poidades continuar adiante con eles e aumentalos".

Souto animou, tamén, aos equipos galegos na liga estatal (Cabo da Cruz e Tirán) a facer un bo papel neste campionato: "Polo menos, que non suframos tanto como a tempada pasada". Tamén fixo un chamamento a todas e todos os galegos a achegarse primeiro até Boiro e despois até Moaña e Ribeira para animar dende os peiraos ás nosas tripulacións.

Após a presentación, procedeuse ao sorteo das quendas das dúas bandeiras. O sábado, Cabo de Cruz terá un grupo moi complicado cos favoritos (Urdaibai, Hondarribia e Orio), mentres que o domingo terá que competir coa outra embarcación galega (Zarauz, Tirán e Arkote).


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: