Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O curso que vén

Sete institutos galegos han ofertar ensinanzas deportivas

Xa se implantaron o ano pasado, mais agora pasan tamén a centros de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos.

Redacción - 18:45 07/07/2008
O baloncesto ofértase en centros de Pontevedra e A Coruña / Flickr: grdloizaga

O baloncesto ofértase en centros de Pontevedra e A Coruña / Flickr: grdloizaga

A pasada semana publicáronse no DOG (Diario Oficial de Galicia) as novas modalidades de ensinanzas deportivas de grao medio e superior autorizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o próximo curso 2008-2009.

Deste xeito, o IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa impartirá a especialidade de baloncesto; o IES Río Cabe de Monforte de Lemos, fútbol, e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, balonmán.

As ensinanzas deportivas puxéronse en marcha, por primeira vez, no curso 2007-2008 en cinco centros públicos galegos, nas modalidades de fútbol, fútbol sala, baloncesto, e atletismo. Até daquela só se impartían as modalidades de fútbol e fútbol sala en centros privados. Así, o IES Cruceiro Baleares de Culleredo imparte fútbol, ao igual que o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, que agora pasará a ofertar tamén balonmán. Ademais, o IES As Lagoas de Ourense ofrece a modalidade de fútbol sala; o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, baloncesto, e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, atletismo.

As ensinanzas deportivas
As ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar ao alumno para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral deportivo e á cidadanía activa.

O prazo para a inscrición estará aberto até o vindeiro 9 de setembro. As solicitudes poderán presentarse na secretaría do centro no que se imparta a correspondente modalidade deportiva.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A partir de agora, as ensinazas de balonmán daranse en Pontevedra / Flickr: disgustipado
A partir de agora, as ensinazas de balonmán daranse en Pontevedra / Flickr: disgustipado
O atletismo impartirase en Lugo / Flickr: ijavi
O atletismo impartirase en Lugo / Flickr: ijavi
Tamén se ofertan outras disciplinas deportivas, como o fútbol e o futsal / Flickr: antramir
Tamén se ofertan outras disciplinas deportivas, como o fútbol e o futsal / Flickr: antramir