Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cunha homenaxe a Castelao e Rosalía

Galiza Nova celebra vinte anos de historia convidando ao esforzo de "sermos galegos"

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, defendeu a homenaxe a Castelao e Rosalía fronte a "outras ofrendas dos que renegan do idioma e do país".

Redacción - 09:30 25/07/2008

Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, defendeu especialmente durante o acto celebrado polo colectivo este xoves no Panteón dos Galegos Ilustres, que se manteña a celebración dun acto que cualificou de "modesto" para que Castelao e Rosalía, "apóstoles galeguistas", sigan tendo as flores dos que "continúan co seu labor" e non dos que representan "todo o contrario" ao seu traballo e loita política e apoian manifestos "en contra da lingua do país". Referíase Aboi ao acto que no mesmo lugar celebrou horas antes o PP.
Por outro lado, Iria Aboi tamén enxalzou as figuras de Castelao e Rosalía máis alá do debuxante e artista, no caso de Castelao, e da imaxe de "chorimiqueira" que se segue estudando de Rosalía nas escolas. A líder de Galiza Nova subliñou ao respecto que Rosalía e Castelao son figuras que lle pertencen "ao pobo" e falou en contra da "manipulación" do pensamento.

No acto participou tamén o responsábel de Acción Institucional da Executiva do BNG, Francisco Rodríguez, quen convidou a mocidade a combater "a idea de progreso que nos anula" e traballar e esforzárense "por semos galegos" e exercer o dereito a "a vivir na propia terra". Rodríguez instou tamén a asinar o manifesto en defensa da lingua galega presentado este mércores. "Non nos acomplexemos, somos e seremos galegos e seguiremos a falar en galego". Por outro lado, falou das figuras de Castelao Rosalía e da súa capacidade para pensar libremente e da súa dignidade así como a súa conciencia nacional "explícita, antiespañola". "E non é fanatismo, pois ela situou o conflito onde estaba, para ser modernos non debemos alienarnos de nós mesmos e sermos só produto da opresión", reflexionou.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: