Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nace o Proxecto Ártabro

Pola base do balonmán galego

Esta iniciativa, creada por tres clubes da comarca da Coruña, xorde para estender a práctica deste deporte, especialmente entre os máis novos.

Redacción - 14:12 01/08/2008

O Proxecto Ártabro (en .pdf), creado por tres clubes da comarca da Coruña, o Club Balonmán Coruña, o CB Oleiros e o CB Hércules, nace para darlle pulo ao balonmán, sobre todo entre os máis novos, mais tamén entre homes e mulleres, procurando a igualdade e a integración, tamén no deporte.

Balonmán para todos
Os tres clubes levan meses traballando neste proxecto, e agardan acadar varios obxectivos, entre eles a creación de grupos de base mixtos (e ligas) en toda a zona de influencia do seu traballo, o Golfo Ártabro, onde o balonmán é un deporte de ampla tradición.

O que se quere facer é superar o modelo competitivo entre os clubes e, baseándose nun proxecto de colaboración, enfrontarse xuntos ás necesidades de dificultades e "promover o balonmán e facilitarlle a súa práctica aos cidadáns, sobre todo aos máis novos, con igualdade de oportunidade entre homes e mulleres, ofrecéndolles a posibilidade de desenvolver a personalidade dos cativos a través do deporte".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: