Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SEMIFINALISTAS DO CONCURSO NSAIO

15 bandas no camiño ao éxito

En cada unha das semifinais actuará un grupo ou artista consagrado: Deluxe, Lamatumbá, Uxía, Boikot e The Go Team.

Redacción - 12:18 03/08/2008

O xurado do concurso de maquetas Nsaio no camiño decidiu que grupos actuarán nas cinco semifinais que, por xéneros, se celebrarán ao longo do mes de agosto por todo o país. Da peneira resultaron 15 semifinalistas.

A primeira das semifinais, a de pop, terá lugar o 8 de agosto en Tui. Supersound, Maryland e Snatch compartirán escenario con Deluxe. No apartado de mestizaxe, tocarán o 15 de agosto en Boiro os grupos Chotokoeu, Son do Galpom e Duplo Son, que precederán a actuación de Lamatumbá. Na final de novas tendencias (o 23 de agosto na Coruña) competirán Telémaco, Noise Project e Os Trasnos, precedendo a The Go Team.

Roberto Sobrado, Sínefres e Skandalo GZ foron os grupos seleccionados para a semifinal na modalidade de rock, que se celebrará o 29 de agosto en Ribadeo, con Boikot de padriño. Por último, o 29 de agosto será a final de folk, que se desenvolverá en Allariz, co directo de Taratrio, Loba loo e a Banda Folk de Ribas de Sil, que precederán a actuación de Uxía.

O gañador de cada semifinal competirá cun concerto final, do que sairá o vencedor do certame, que obterá a posibilidade de gravar un disco nun estudo de prestixio, así como un contrato discográfico e de management a nivel estatal.

O pasado ano os gañadores foron os boirenses Supersandwich. Ademais, participaron bandas da categoría de Colectivo Oruga, O Son do Galpom, Kogito, Kastoma, Guezos ou Safari Orquestra.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: