Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na páxina de Nsaio

Microwebs para as bandas emerxentes do país

Máis de 400 grupos musicais de toda Galiza ensaian xa nos 16 locais en funcionamento. A nova web da Rede ofrece todo o que precisan, mesmo un espazo propio.

Redacción - 17:00 05/08/2008
Mapa dos locais de ensaio activos e os que están en construción

Mapa dos locais de ensaio activos e os que están en construción

Nsaio é un programa creado pola Dirección Xeral da Xuventude para habilitar locais de ensaio para os novos grupos musicais por Galiza adiante (arestora, hai locais dispoñíbeis en Arzúa, Betanzos, Boiro, Vigo, Carballo, Lalín, Monforte, Mugardos, Pontedeume, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Ribas de Sil, Santiago, Tui e Vilagarcía de Arousa, mais están a se construír varios novos).

Un foro de encontro e intercambio de experiencias na rede

Ademais de darlles un lugar onde tocar, ensaiar e compoñer, Nsaio fornece as bandas emerxentes do país dun sitio, na rede, onde promocionarse, pactar concertos, atopar un batería ou un cantante, e facer público todo o material que desexen.

A web de Nsaio acaba de aparecer na internet cunha parte específica para os grupos, unha microweb que cadaquén pode encher co que desexe, aínda que o que se leva é unha biografía do grupo (con descrición do tipo de música que fan incluída) e unha parte co contacto, por se xorde algún concerto polo mundo. Mais tamén se poden subir vídeos ou arquivos en mp3 para a súa escoita ou descarga. Até o de agora están a gozar de páxina propia na web os Kastomä, de Ordes; Som do Galpom, de Ames; Berros do Castro, de San Sadurniño; Coanheira, de Ourense; e Bronquitis Crónica, de Cambados, aínda que hai sitio para máis.

Tamén teñen microweb os distintos locais de ensaio abertos polo país adiante, cun apartado propio con información de contacto, localización, normas de uso, datos dos usuarios, novas, eventos en axenda e documentación descargábel. Neste apartado tamén se fan visíbes as microwebs dos grupos que se inscriban nun determinado local.

Todo o que os grupos noveis precisan, nun clic
Na web, ademais, hai un apartado que achega toda a información precisa para sacarlle o máximo partido ás bandas que se apunten á Rede (como acceder aos locais de ensaio da rede, axenda de eventos e concursos do panorama musical, ligazóns a discográficas...) Tamén se pode escoitar algún tema dos grupos que a compoñen, ademais de oír, a todas horas, a Radio Nsaio.

A alta dálles tamén, aos grupos, acceso a un servizo en liña de asesoría xurídica en materia de dereitos, propiedade intelectual e outros aspectos legais relacionados coa actividade musical. Polo seu lado, os usuarios que se dean de alta poderán valorar as cancións, seleccionar os seus favoritos e facerlles chegar as súas opinións, como bos fans (ou non).


4.11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Na presentación da web, o  director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará
Na presentación da web, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará
Detalle da nova web da Rede Nsaio
Detalle da nova web da Rede Nsaio