Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
BANDA DESEÑADA

O Salón do Cómic da Coruña xa ten cartaz, e Polaqia nova web

Polaqia tamén organiza dúas exposicións na cidade, coincidindo coa celebración de 'Viñetas desde o Atlántico', que comeza o día 11.

Redacción - 09:30 06/08/2008

'Viñetas desde o Atlántico' abrirá as súas portas o día 11, pero coñecemeos o seu cartaz. Foi encargada a Jean-Louis Tripp, que realizou unha imaxe, que como é norma no Salón, inclúe a Torre de Hércules. Na edición deste ano, O Salón contará coa participación de autores de dimensión internacional, como Howard Cruse e Olivier Ka (martes 12), Daniel Acuña e Daviz Aja (mércores 13), Catel Muller e José Louis Bocquet (xoves 14), Luc Brunschwig, Étienne Le Roux e Mark Buckingham (venres 15) ou Solano López (sábado 16).

Ademais, poderán visitarse un total de once exposicións, moitas delas dedicadas aos autores convidados ao salón. As mostras estarán situadas en cinco localizacións: na Casa do Concello, na Fundación Caixa Galicia, no Palexco, na Sala de exposicións Salvador de Madariaga e no Aquarium Finisterrae.

Así mesmo, coincidindo coa inauguración do Salón do Cómic, Polaqia presenta dúas exposicións, que se poderán visitar na cidade a partir dos días 8 e 9 de agosto. O venres 8 de agosto preséntase na Libraría Arenas a primeira exposición e venda de orixinais da novela gráfica Pinche Mundo. Os autores Kike Benlloch e Diego Blanco ofrecerán unha charla coloquio con motivo da apertura da mostra. Un día despois, no Café O Alfaiate (Rúa de San Xoán) poderase ver a mostra 'Barsowia: Seis anos en portada', que recolle as doce portadas da publicación colectiva.

Tamén estes días, nos que A Coruña se enche de afeccionados ao cómic, Polaqia presenta a súa nova páxina web.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: