Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En 11 igrexas do concello

O bispo vigués accede á retirada de varias inscricións franquistas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSdeG) recibiu do rexedor da diócese Tui-Vigo, José Diéguez, o compromiso de colaboración para facer desaparecer varias placas, sen afectar os edificios.

Redacción - 18:45 05/08/2008
Abel Caballero co bispo de Tui-Vigo

Abel Caballero co bispo de Tui-Vigo

Esta terza feira o alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSdeG) e o bispo da Diocese Tui-Vigo, José Diéguez, mantiveron unha xuntanza da que saíu un acordo para retirar, de 11 edificios eclesiásticos do Concello (as igrexas de San Miguel de Bouzas, Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santo Tomé de Freixeiro, Santiago de Vigo, Santa María de Vigo, San Francisco de Asís, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia e San Andrés de Valladares), varios símbolos franquistas.

Caballero, ademais, salientou que lle vai enviar á Concellaría de Patrimonio Histórico para que decida o mellor xeito para eliminar estas 11 placas sen afectar o estado das igrexas nas que se atopan.

Na cidade de Vigo existen, segundo dixo o alcalde, outros vestixios franquistas que se están a recoller nun estudo que se terminará "antes de que remate setembro", en aplicación da Lei da Memoria Histórica. Este traballo empregarase, segundo Caballero, para "tomar unha decisión meditada", con "delicadeza" en canto á supresión dos símbolos fascistas que aínda permanecen na cidade olívica, un traballo que servirá, en palabras de Caballero, "para pechar feridas".


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: