Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
China destácase no medalleiro

Phelps aspira a heroe olímpico e suma o primeiro ouro

Até oito metais dourados aspira a gañar o nadador estadounidense que colleita o primeiro con récord incluído. No taboleiro, os chineses xa teñen media ducia de ouros.

Redacción - 19:00 10/08/2008

Non defraudou o nadador estadounidense Michael Phelps, quen comezou con éxito o desafío cara ás oito medallas de ouro, tratando de brincar a galería de mitos olímpicos á beira do histórico Mark Spitz. Phelps consegue a primeira medalla dourada nos 400 metros estilos, e por riba marcando un récord do mundo ao parar o cronómetro en 4'03''84. A próxima oportunidade vaina ter nos 4x100 estilo libre. A mesma proba no apartado feminino foi liderada pola australiana Rice. Mentres, nos 400 estilo libre triunfou o coreano Park. Ademais, o 4x100 feminino levou un ouro para as neerlandesas.



Por outro lado, o medalleiro aparece encabezado tamén esta segunda xornada polos deportistas chineses, que acumulan seis ouros e un total de oito medallas. Entre outros, conseguiron metal Long Qingquan Long, quen rematou primeiro en levantamento de peso na categoría de menos de 56 kg, subindo do chan 292kg. En judo, Xian Dongmei gañou o ouro na final feminina e en tiro con pistola de aire desde 10 metros, a chinesa Guo levou o mesmo metal.



Por outro lado, este segundo día en Beixín tamén trouxo a proba en liña de ciclismo, onde a británica Nicole Cooke cruzou primeira a meta, seguida da sueca Emma Johansson e da italiana Tatiana Guerzo. Ademais, houbo ampla expectación no baloncesto, onde o equipo anfitrión, liderado pola estrela NBA do básquet chinés, Iao Ming, recibiu unha malleira do poderoso conxunto estadounidense, 101 – 70 ao final. Na outra beira, o segundo favorito atendendo ao ránking da FIBA e campión en Atenas, o equipo arxentino, sufriu unha derrota fronte a Lituania, 74 – 78. Por outro lado, o terceiro en discordia e actual campión mundial, o equipo de España, venceu diante de Grecia, 81 – 66. Tamén no fútbol, onde os máis fortes nesta xornada pareceron os brasileiros, que gañaron 5-0 a Nova Celandia, e Italia que fronte a Corea do Sur venceu cun claro 3 – 0.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: