Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
De festival

Nigrán vai berrar este mércores

Na tarde do día 13, comeza a primeira edición da festa que organiza a asociación Berra Val Miñor.

Redacción - 09:30 13/08/2008

A asociación Berra Val Miñor organiza este ano o I Festival Berra Nigrán, en colaboración coa concellería de cultura do concello. Os concertos, como as demáis actividades, han ter lugar en Praia América (Nigrán), diante das pistas de tenis.

Durante os vindeiros días 13 e 14 de agosto a partires das 17 horas, haberá espctáculos de percusión, malabaristas, novo circo, monologuistas, animación infantil, campionato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis.

Á noite, dende as 22 horas, han ter lugar as actuacións dos gupos convidados. O mércores 13 tocarán os locais The Gotxos Party e os Vantroi, de México. Na noite do xoves 14 será a quenda de Soak, do Morrazo; os vigueses Skacha; Tiro na Testa de Lalín e os Dakídarría, de Nigrán.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: