Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Esixen replantación

Tala ilegal de árbores catalogadas en Cambre

Na antiga estrada da estación, a carón da ponte das Ínsuas, daban sombra a uns chalés próximos.

Redacción - 13:15 12/08/2008

Varias árbores catalogadas por Patrimonio que se achaban na antiga estrada da estación de Cambre foron cortadas de xeito ilegal. O BNG de Cambre demandará a actuación urxente do Concello de Cambre e máis da Deputación Provincial, esta segunda coma responsábel da vía.

Quedaban naquela zona un grupo de cinco plátanos dos que dous deles xa teñan sido cortados e un terceiro presenta un corte de motoserra. As dúas árbores cortadas facían sombra fronte a varios chalés en construción.

Xabier Iglesias, o voceiro nacionalista, puxo en coñecemento do alcalde estes feitos para que mandase á Policía Local coa fin de elaborar o informe oportuno e xa anunciaron que teñen intención de esixir que esta tala sexa denunciada ante Patrimonio e que se planten novos exemplares.


Tala no río Mero
O BNG tamén trasladou ao Concello a súa preocupación pola enorme tala que se está a facer nas marxes do río Mero, que aparenta ir máis aló da eliminación de exemplares alóctonos e enfermos. Neste senso, tras denunciar este feito por parte do BNG, o goberno local convocou unha reunión para esta mesma semana co director da obra da Confederación Hidrográfica del Norte.


4.69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: