Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
HOWARD CRUSE, NA CORUÑA

O cómic tamén entende

O autor norteamericano é un dos referentes mundiais nos cómics protagonizados por gais.

Redacción - 09:30 13/08/2008

O Salón Internacional do Cómic da Coruña 'Viñetas desde ou Atlántico' iniciou este martes o seu calendario de presentacións con dous autores "de primeira orde", o estadounidense Howard Cruse e o francés de orixe libanesa Olivier Ka. No fío condutor desta edición, o compromiso social, o autor americano achega a realidade da vida dos homosexuais e o francés explica a súa experiencia nos abusos sexuais.

Cruse é o creador da tira de prensa 'Wendel', realizada para o diario The Advocate, que conta as peripecias dun grupo de amigos homosexuais. Nacido en Birmingham, Howard Cruse viviu desde moi novo todos os movementos sociais dos anos 60, coa cuestión racial como pano de fondo, feitos que logo lle servirían de inspiración para a súa novela gráfica 'Stuck Rubber Baby' que lle fixo coñecido a nivel mundial.

Nun encontro cos medios de comunicación, o autor recoñeceu haber estado inmerso "desde sempre" nunha "subcultura" gai "tratando de aceptar o que era e de adaptarse á situación" desde a pasividade e que, por mor de vivir conflitos raciais, decidiu involucrarse de xeito activo no movemento de liberación homosexual de Estados Unidos, algo que fixo a través do cómic underground. "Ao principio as historietas gais eran só de sexo pero eu avancei para contar o día a día e a vida completa", apuntou.

Na súa novela gráfica, de máis de duascentas páxinas e que lle supuxo máis de catro anos de traballo, o autor mostra "o que significa ser gai e a vida dos homosexuais con tinguiduras autobiográficos", como cando conta que un homosexual ten unha relación cunha muller e dá como froito unha filla, o que supón "o punto álxido da experiencia da súa vida".

Os abusos sexuais en Oliver Ka
Olivier Ka é un artista multidisciplinar. Ao longo da súa carreira traballou en radio, cine e teatro, aínda que realmente o que sempre quixo ser é escritor. Aínda que naceu en Líbano, aos cinco anos traslada a súa residencia a Francia. O cómic que o elevou ao Olimpo dos grandes da nova Banda Deseñada francesa e co cal gañou innumerables premios, é 'Por que matei a Pierre'. Nesta obra de corte autobiográfico, o autor relata varias anécdotas da súa vida. Toda a historia vira ao redor dun suceso acaecido cando tiña doce anos, momento no que sufriu abusos por parte dun cura amigo da súa familia.

Ka recoñeceu que desde que empezou a escribir tiña pensado contar esta experiencia vital pero que non sabía como enfocalo. Así dedicou quince anos da súa vida a escribir libros infantís ata que descubriu "o ángulo exacto" desde o que quería abordar os abusos sexuais. "Quería falar non só da dor que me ocasionou, tamén ir máis aló e contar quen son e como influíu iso na miña vida", sinalou. Nun principio pretendía escribir unha novela pero foi o seu "mellor amigo" quen lle recomendou que o fixese en forma de cómic para que fose "máis gráfico e directo".


1.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das obras de Howard Cruse
Unha das obras de Howard Cruse
Howard Cruse
Howard Cruse
Un fragmento de 'Por que matei a Pierre?', de Olivier Ka
Un fragmento de 'Por que matei a Pierre?', de Olivier Ka
Olivier Ka
Olivier Ka