Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Köln (Alemaña)

Mobilización fronte ao congreso anti-islámico da ultradereita europea

Activistas europeos son convocados a través da rede a protestar contra a conferencia "Non á islamización", organizada pola extrema dereita alemá.

Redacción - 11:00 19/08/2008

A escusa da construción dunha mesquita na cidade de Köln, a cuarta máis grande de Alemaña, serviulle á organización Pro-Köln para xuntar voces contra a presunta "islamización" do país. Así desde este martes 19 e até o día 21 organización un conxunto de xuntanzas e conferencias ás que asistirán os principais representantes da ultradereita europea, baixo o lema "Non á islamización, non á gran mesquita de Köln".

Entre os asistentes está prevista a intervención entre outros do líder francés da Fronte Nacional, Jean Marie Le Pen, de representantes dos ultraconservadores austríacos da FPÖ como Susanne Winter. Tamén estarán membros do BNP (Reino Unido), Vlaams Belang (Bélxica), Liga Norte (Italia) e mesmo Robert Taft Group (Estados Unidos). A reunión ten ademais a intención de impulsar as ambicións políticas da organización ultraconservadora Pro-Köln cara ás próximas eleccións locais. Coñecidos membros desta formación estiveron vinculados a grupos considerados neonazis. O colectivo foi acusado de realizar propaganda racista coincidindo coa polémica pola construción dunha mesquita na cidade, promovida pola Unión Turca Islámica, que deseñou un ambicioso proxecto financiado con fondos propios. Calcúlase que na urbe viven arredor de 120 mil persoas que practican a relixión musulmá.

O correo electrónico e espazos na web como Indymedia bulen esta semana na convocatoria de activistas para mobilizacións, bloqueos e protestas no contorno do lugar onde está previsto que teña lugar esta xuntanza da ultradereita europea.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: