Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Simbolismo e espectáculo na cerimonia de clausura

Galiza pecha os Xogos Olímpicos no 31º lugar do medalleiro

O noso país colocaríase por diante de estados como Arxentina, México ou Portugal. O 6 de setembro comezan os Xogos Paralímpicos en Beixín.

Redacción - 18:30 24/08/2008

Este domingo pecháronse en Beixín uns Xogos Olímpicos que serán difíciles de esquecer para o deporte galego. A cerimonia de clausura comezou ás 14.00 horas en Galiza con rigorosa puntualidade, na liña de eficiencia que a organización deixou como sello de identidade.

Ao igual que a cerimonia de inauguración, a de clausura estivo marcada polo simbolismo e a espectacularidade. Constou de tres partes: reunión, recordo e festa. A cultura chinesa volveu estar presente ao longo de toda a cerimonia, e o espectáculo visual ofrecido por fogos artificiais e figurantes volveron a deixarnos estupefactos.

A parte oficial chegou co discurso do presidente do comité organizador, Liu Qi, e do presidente do COI Jacques Rogge, que cualificou como "excepcionais" os Xogos Olímpicos de Beixín. Posteriormente o alcalde de Beixín, Guo Jinlong, entregaba a bandeira olímpica ao seu homólogo de Londres, Boris Johnson, co que se simbolizaba a transición cara aos Xogos de Londres 2012.

Mellores Xogos da historia de Galiza
As catro medallas e os tres diplomas acadados polos deportistas galegos constitúen a mellor participación do noso deporte nuns Xogos Olímpicos. Con este resultado Galiza colocaríase no 31º lugar do medalleiro, por diante de estados como Arxentina, México, Portugal, Suiza ou Bélxica. Cos dous ouros acadados en vela e piragüismo Galiza aporta o 40% dos atribuídos á delegación española.

Estes Xogos Olímpicos tamén consolidan a David Cal como o deportista con máis medallas das historia do deporte galego, xa que suma catro, pero terá que esperar a Londres para igualar ou superar a Pedro Cea, que segue á fronte do medalleiro galego con dous ouros.


Ligazóns

4.32/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Espectacular cerimonia de clausura
Espectacular cerimonia de clausura
Os deportistas mesturáronse no niño do paxaro
Os deportistas mesturáronse no niño do paxaro
Comezou a carreira cara a Londres 2012
Comezou a carreira cara a Londres 2012
Antón Paz e Fernando Echávarri trouxeron a primeira medalla
Antón Paz e Fernando Echávarri trouxeron a primeira medalla
Cal levouse dúas meritorias pratas
Cal levouse dúas meritorias pratas