Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEPORTE UNIVERSITARIO

Vigo prepara a súa candidatura para a Universiada 2015

Despois da tentativa de acoller o evento en 2013, a cidade olívica presentará a súa opción ante o Consello Superior de Deportes esta mesma semana.

Redacción - 17:00 03/09/2008

O erro estivo na falta de contactos e apoios comprometidos. Esa é unha das conclusións que vén de tirar o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez Olveira, sobre a negativa que recibira a cidade para a organización da Universiada 2013, que finalmente fora outorgada pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU) á urbe rusa de Kazan. Agora, Vigo volverá a intentalo, e xa está traballando na candidatura para o 2015, que deberá ser presentada antes do 5 de setembro.

A diferenza fundamental desta candidatura coa que quedou ás portas na última edición é que o obxectivo é acadar o máximo número de apoios: "se superamos o corte estatal, non podemos chegar á votación final só con boas palabras", dixo Domínguez Olveira. Un dos primeiros pasos que xa se comezan a dar neste sentido é o de buscar o compromiso da Xunta e do goberno central para que apoien a iniciativa: enviaranse misivas ao presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e aos responsables das tres formacións políticas maioritarias en Galiza, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijóo, para que se sumen ao proxecto, independentemente dos resultados das vindeiras eleccións.

Na estratexia para o 2015, presentarase basicamente o mesmo proxecto, mais cun traballo máis elaborado. Tamén se está a estudar a posibilidade de que Vigo amplíe a súa candidatura incluíndo outras cidades, para que se complete o abano de instalacións deportivas, pero este extremo aínda está por decidir. O orzamento para esta edición estímase nuns 500 mil euros, unha cantidade sensiblemente inferior aos 1,32 millóns empregados o último ano. Aquela inversión inicial fai que agora sexan necesarios menos recursos, xa que a actual candidatura será unha reformulación da anterior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Promoción de Vigo para a Universiada 2013
Promoción de Vigo para a Universiada 2013
Imaxe da Universiada de Beixín no verán de 2001
Imaxe da Universiada de Beixín no verán de 2001